
O obxecto do curso é proporcionar ás persoas participantes unha formación específica sobre as intervencións ambientais e climáticas do PEPAC 2023-2027 e os requisitos asociados ao seu cumprimento. Abordaranse os principais elementos da xestión da PAC, incluídos o SIXPAC, o SIEX e o CUE, a condicionalidade reforzada, os ecoréximes e os sistemas de xestión, control e monitoraxe. Así mesmo, proporcionaranse coñecementos sobre os requisitos non monitorizables, así como sobre o réxime de penalizacións, sancións e exclusións aplicable ás axudas agroambientais.
- Profesor: MARÍA ARANZAZU JORGE FERNANDEZ
- Profesor: ALMUDENA MARTÍNEZ PAINO
- Profesor: UXÍA RODRÍGUEZ BECEIRO