AXUDA BÁSICA Á RENDA PARA A SOSTIBILIDADE
Co fin de incrementar a remuneración das explotacións agrarias e contribuir á súa resiliencia, España destinará o 60% do presuposto dos pagos directos para axudas directas á renda a través da Axuda Básica á Renda para a Sostibilidade (50%) e do Pago redistributivo (10%).
- Modelo de rexionalización a partir da simplificación do modelo actual - máximo 20 rexións
- Mantemento do sistema de dereitos: axuda concedida en base aos dereitos de pago da ABRS diferenciándose o importe do Valor Medio Rexional (VMR) en función das rexións establecidas.
- No proceso de converxencia interna, os valores dos dereitos de pago por encima da media rexional redúcense co fin de aumentar o valor dos dereitos por debaixo da media.