ECONOMÍA CIRCULAR
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- Poderán acollerse a estas axudas as explotacións para a produción de horta e froita inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA) na sección específica de explotacións acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI) que realicen venda directa nas cantidades máximas indicadas no anexo II do Decreto 125/2014.
- A persoa titular da explotación debe estar dada de alta na Seguridade Social nas condicións establecidas no artigo 37 do Real Decreto 1047/2022, a data fin do prazo de modificación da solicitude única ou a explotación debe xerar 1 Unidade de Traballo Agrario (UTA).
- A explotación terá unha dimensión mínima de 0,5 ha e máxima de 3 ha dos cultivos de horta e froita.
COMPROMISOS
- Prohibición de queima de restos de cultivos coa excepción de queimas por motivos fitosanitarios.
- Compostaxe dos restos de cultivo no caso de producións agrícolas.
- Prohibición do uso de herbicidas, agás casos xustificados pola autoridade competente.
- Manter o caderno de explotación actualizado.
- Presentar anualmente unha solicitude de pago.
- Presentar un rexistro anual de asistencia a mercados, venda in situ na explotación ou venda a establecementos ao por menor.
- Cumprir as condicións de venda sinaladas no Decreto 125/2014.
- Comercialización in situ na explotación produtora, en mercados locais, directamente en establecementos de venta ao por menor que venden á persoa consumidora final ou venda a domicilio (grupos de consumos, venda on-line).
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos.
PRIMA: 1.500€/beneficiario |