AGRICULTURA ECOLÓXICA
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE:
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- Estar inscrito no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) na campaña 2023.
- Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.
COMPROMISOS:
- Empregar técnicas de produción ecolóxica de acordo coa normativa vixente. A estes efectos deberá cumprir con todos os requisitos establecidos para que sexa certificado como produción ecolóxica.
- Comercializar unha parte ou toda a produción como ecolóxica unha vez pasado o período obrigatorio de conversión de acordo co certificado do CRAEGA, agás que non sexa posible por causas xustificadas alleas ao solicitante.
- Manter, como mínimo, a superficie inicialmente comprometida durante os anos que dura o compromiso.
- Manter o caderno de explotación actualizado.
- Presentar anualmente unha solicitude de pago
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos en parcelas fixas. A posible redución de superficie de agricultura ecolóxica non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida, debendo manter sempre a superficie mínima correspondente.
O período de conversión terá unha duración máxima de dous anos en cultivos anuais e de tres anos en cultivos permanentes.
Só poderán recibir as axudas de conversión as persoas beneficiarias con unidades de produción, superficie, cando o período de conversión remate despois do 1 de xullo de 2023.
CONVERSIÓN C. HERBÁCEOS: 326€/ha |
MANTEMENTO C. HERBÁCEOS: 275€/ha |
CONVERSIÓN C. HORTÍCOLAS: 662€/ha |
MANTEMENTO C. HORTÍCOLAS: 560€/ha |
CONVERSIÓN FRUTAIS PEPITA E ÓSO: 505€/ha |
MANTEMENTO FRUTAIS PEPITA E ÓSO: 426€/ha |
CONVERSIÓN FROITOS SECOS E OLIVAR: 265€/ha |
MANTEMENTO FROITOS SECOS E OLIVAR: 224€/ha |
CONVERSIÓN VIÑEDO PARA VINIFICACIÓN: 996€/ha |
MANTEMENTO VIÑEDO PARA VINIFICACIÓN: 916€/ha |
Estas axudas serán decrecentes en función da superficie:
- As primeiras 20 ha, correspóndelles o 100 % do importe.
- Entre mais de 20 ha e 40 ha incluída, o 60 %.
- Entre mais de 40 ha e 80 ha incluída, o 30 %.
- A partir de mais de 80 ha non se concede axuda.
GANDARÍA ECOLÓXICA
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE:
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- Estar inscrito no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) na campaña 2023.
- Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.
COMPROMISOS:
- Empregar técnicas de produción ecolóxica de acordo coa normativa vixente. A estes efectos deberá cumprir con todos os requisitos establecidos para que sexa certificado como produción ecolóxica.
- Comercializar unha parte ou toda a produción como ecolóxica unha vez pasado o período obrigatorio de conversión de acordo co certificado do CRAEGA, agás que non sexa posible por causas xustificadas alleas ao solicitante.
- Manter unha carga gandeira de explotación maior ou igual a 0,4 UGM/ha.
- Manter, como mínimo, a superficie inicialmente comprometida durante os anos que dura o compromiso.
- Soamente se terá en conta a superficie neta de pastos que non sexa de uso en común e situada no concello da explotación e colindantes.
- Manter o caderno de explotación actualizado.
- Presentar anualmente unha solicitude de pago.
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos en parcelas fixas. A posible redución de superficie de gandaría ecolóxica non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida, debendo manter sempre a superficie mínima correspondente.
O período de conversión terá unha duración máxima de dous anos en pastos.
Só poderán recibir as axudas de conversión as persoas beneficiarias con unidades de produción, superficie , cando o período de conversión remate despois do 1 de xullo de 2023.
CONVERSIÓN PASTOS E C. FORRAXEIROS: 433€/ha |
MANTEMENTO PASTOS E C. FORRAXEIROS: 361€/ha |
CONVERSIÓN PASTOS ARBUSTIVOS E ARBOLADOS: 122€/ha |
MANTEMENTO PASTOS ARBUSTIVOS E ARBOLADOS: 107€/ha |
Estas axudas serán decrecentes en función da superficie:
- As primeiras 40 ha, correspóndelles o 100 % do importe.
- Entre mais de 40 ha e 80 ha incluída, o 60 %.
- Entre mais de 80 ha e 200 ha incluída, o 30 %.
- A partir de mais de 200 ha non se concede axuda.
APICULTURA ECOLÓXICA
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE:
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- Estar inscrito no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) na campaña 2023.
COMPROMISOS:
- Empregar técnicas de produción ecolóxica de acordo coa normativa vixente. A estes efectos deberá cumprir con todos os requisitos establecidos para que sexa certificado como produción ecolóxica.
- Comercializar unha parte ou toda a produción como ecolóxica unha vez pasado o período obrigatorio de conversión de acordo co certificado do CRAEGA, agás que non sexa posible por causas xustificadas alleas ao solicitante.
- Considéranse indemnizables un máximo de 80 colmeas por alvariza, e soamente serán indemnizables as alvarizas do mesmo apicultor separadas polo menos 1 km. Deberanse manter durante os 5 anos que dure o compromiso un mínimo de 80 colmeas que estean distribuídas, polo menos, en 2 alvarizas cun mínimo de 20 colmeas por alvariza. Ademais, para ser primables, as coordenadas de localización de cada alvariza figurarán obrigatoriamente na solicitude de pago e deberán constar na base de datos oficial do REGA.
- Manter o caderno de explotación actualizado.
- Presentar anualmente unha solicitude de pago
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos en colmeas. A posible redución de colmeas de agricultura ecolóxica non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida, debendo manter sempre a superficie mínima correspondente.
Só poderán recibir as axudas de conversión as persoas beneficiarias con unidades de produción, colmeas, cando o período de conversión remate despois do 1 de xullo de 2023.
Para cada tipo de apicultura ecolóxica, establécese unha axuda en €/colmea (estímase unha superficie pecoreada por colmea de 1 ha).
CONVERSIÓN APICULTURA: 40€/ha |
MANTEMENTO APICULTURA: 35€/ha |
Estas axudas serán decrecentes en función das colmeas admisibles para apicultura ecolóxica:
- As primeiras 450 colmeas, correspóndelles o 100 % do importe.
- Entre mais de 450 ha e 900 colmeas incluída, o 60 %.
- Entre mais de 900 ha e 1500 colmeas incluída, o 30 %.
- A partir de mais de 1500 colmeas non se concede axuda.
❮
❯