CESIÓNS DE DEREITOS
NOVIDADES
- As cesións de dereitos sen terras terán unha peaxe do 30%.
- As comunicacións de cesións de dereitos con terras que non acrediten documentalmente as superficies asimilaranse a cesións sen terras.
- En xubilacións e incapacidades os dereitos poden transferirse a un familiar de ata o 3º grao.
- Na tipoloxía de venta a un novo agricultor, debe cumprir o requisito de capacitación: mínimo de 250 horas lectivas (cursos ou seminarios recoñecidos pola autoridade competente ou plan 1º instalación, ou explotación prioritaria ou experiencia previa como responsable de explotación).
- Os dereitos procedentes da reserva nacional, non poderán cederse durante os cinco primeiros anos tras a súa asignación. Este requisito non se esixe aos dereitos da reserva nacional asignados antes de 2023.
REQUISITOS
- Cedente non ten que ser agricultor activo.
- Cesionario debe ser agricultor activo.