RAZAS AUTÓCTONAS
1 / 10
Cachena
2 / 10
Caldelá
3 / 10
Frieiresa
4 / 10
Limiá
5 / 10
Vianesa
6 / 10
Ovella galega
7 / 10
Cabra galega
8 / 10
Cabalo pura raza galega
9 / 10
Porco celta
10 / 10
Galiña de Mos
❮
❯
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Rexistro de Explotación Gandeiras (REGA) a data fin do plazo da modificación da Solicitude Única.
COMPROMISOS. Razas autóctonas en perigo de extinción
- Dispor dun mínimo de 5 UGM primables de unha ou varias das razas autóctonas en perigo de extinción de bovino (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) e equino (Cabalo de pura raza galega), e/ou dun mínimo de 2,5 UGM primables de unha ou varias de las razas autóctonas en perigo de extinción distintas do bovino e equino (Ovella galega, Cabra galega, Porco celta e Galiña de Mos).
- Manter as UGM primables comprometidas de razas autóctonas en perigo de extinción durante os 5 anos que dura o compromiso.
- Participar no programa de mellora xenética da raza.
- Ter inscrito ao gando no libro oficial de rexistro xenealóxico da raza.
- Presentar anualmente a solicitude de pago.
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos.
Razas autóctonas
- Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa
- Ovino: Ovella galega
- Cabrún: Cabra galega
- Equino: Cabalo pura raza galega
- Porcino: Porco celta
- Aves: Galiña de Mos