As que cumpran os requisitos de agricultor ACTIVO, e ademáis a condición de agricultor NON PLURIACTIVO segundo os casos seguintes:
- No caso de persoas físicas, as que cumpran a condición de agricultor a título principal (ATP) ou explotación prioritaria.
- No caso de persoas xurídicas ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, as que cumpran a condición de explotación prioritaria.
- Será elixible a explotación situada en concellos de Galicia clasificados como zonas con limitacións naturais de montaña (consultar mapa).
- No caso de superficies de pastos só se considerarán aquelas que se atopan no concello onde estea ubicada a explotación e colindantes.
- Superficie indemnizable mínima por explotación de 2 ha.
- Carga gandeira mínima: 0.7 UGM/ha nas zonas con limitacións naturais de montaña.
- Nas zonas con limitacións naturais de montaña ata 155 €/ha, sendo o importe decrecente en función da superficie indemnizable (S.I.), segundo o cadro seguinte:
| DENDE | ATA | COEFICIENTE REDUCTOR |
| 0 ha S.I. | >10 ha S.I. | 1,00 |
| >10 ha S.I. | 25 ha S.I. | 0,75 |
| >25 ha S.I. | 60 ha S.I. | 0,50 |
| >60 ha S.I. | - | 0,00 |
- As superficies forraxeiras só se computarán nas explotacións que cumpran a condición de elixibilidade da carga gandeira.
- Non se pagará axuda cando o importe sexa inferior a 25 €/ha de SI.
- No caso de que o orzamento dispoñible sexa insuficiente para cubrir os pagamentos en cada liña de axuda a todas as persoas beneficiarias co importe máximo, realizarase un rateo proporcional para axustar os pagamentos ao dito orzamento.