FORMACIÓN ESPECÍFICA
Data prevista do curso: segundo semestre 2023
Duración: 50 horas
Dirixido a: persoas solicitantes das axudas agroambientais do PEPAC 2023-2027, que non dispoñan de entidade de aconsellamento.
Avaliación do curso: cuestionario de 30 preguntas con 4 respostas alternativas, das que só unha delas é válida. Para superalo deberá de dar resposta correcta alomenos ao 50% das preguntas. No caso de que non se superase a proba de avaliación a persoa solicitante quedará excluída do réxime de axudas por incumprir os requisitos establecidos na orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
Contido: 10 módulos
- Módulo 1: O segundo piar de PAC no período 2023-2027: a política de desenvolvemento Rural. (5 horas)
- Módulo 2: O SIXPAC e a súa actualización. (5 horas)
- Módulo 3: As aplicacións móbiles na xestión da PAC: SGA@pp e SGAfot. (5 horas)
- Módulo 4: El SIEX y el CUE no marco do RD 1054/2022: contido mínimo. (5 horas)
- Módulo 5: A condicionalidade reforzada. (5 horas)
- Módulo 6: Os réximes a favor do clima, o medio ambiente e o benestar animal (ecorexímenes). (5 horas)
- Módulo 7: O sistema de xestión e control das axudas agroambientais no período 2023-2027. (5 horas)
- Módulo 8: A nova PAC e os controis mediante monitoraxe. (5 horas)
- Módulo 9: Os requisitos non monitorizables (5 horas)
- Módulo 10: Penalizacións, sancións e exclusións no período 2023-2027. (5 horas)