FOMENTO E XESTIÓN DE PASTOS
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xanerio de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA) a data fin do plazo da modificación da Solicitude Única.
- Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.
COMPROMISOS
- Dispor dunha superficie mínima de 5 hectáreas de superficie indemnizable. Considérase superficie indemnizable a superficie neta de pastos temporais e permanentes que non sexan de uso en común, agás as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) titulares de explotación agraria.
- Manter durante tódolos anos do compromiso ao menos un 70% da superficie total da explotación como pastos temporais ou permanentes.
- Non labra, agás renovación de pradarías que cumpren o seu ciclo produtivo.
- Fertilización exclusivamente orgánica
- Manter unha carga gandeira mínima de 0´4 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha calculada sobre o total de superficie da explotación.
- Non aplicar herbicidas, agás casos xustificados pola autoridade competente.
- Manter o caderno de explotación actualizado.
- Presentar anualmente unha solicitude de pago
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. A posible redución de superficie non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida, debendo manter sempre a superficie mínima correspondente.
Na axuda por extensificación das explotacións gandeiras establécese os seguintes tipos:
PRADOS TEMPORAIS E PERMANENTES: 110€/ha |
PASTOS ARBUSTIVOS E ARBOLADOS: 80€/ha |
Estas axudas serán decrecentes en función da superficie admisible para cada tipo:
- As primeiras 40 ha, correspóndelles o 100 % do importe.
- Entre mais de 40 ha e 80 ha incluída, o 60 %.
- Entre mais de 80 ha e 200 ha incluída, o 30 %.
- A partir de mais de 200 ha non se concede axuda.
AXUDA COMPLEMENTARIA EN ZONAS CON PRESENZA DE GRANDES CARNÍVOROS
Situadas en concellos do anexo III e V da Orde do 13 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2023.
COMPROMISOS
- Cumprir os compromisos da líña “Extensificación das explotacións gandeiras”.
- Dispor de sistemas de vixilancia ou coidado do gando ante o risco de interacción con grandes carnívoros e mantelos durante todo o período de compromiso: dispositivos de xeolocalización ao menos no 20% das femias da explotación maiores de 24 meses e/ou ao menos dous cans de garda por explotación (mastín español, mastín do Pirineo e/ou Can de Palleiro inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía). Estes sistemas vixilancia ou coidado do gando deben estar dispoñibles a data fin do prazo de modificación da solicitude única de 2023.
- Realizar pastoreo.
- Dispor mínimo de 15 UGM.
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. A posible redución de superficie non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida, debendo manter sempre a superficie mínima correspondente.
Así mesmo só se considerarán aquelas superficies de pastos que se atopan no concello onde este ubicada a explotación e colindantes.
AXUDA COMPLEMENTARIA CONVIVENCIA GRANDES CARNÍVOROS: 75€/ha (máx. de 50 ha) |