B 1.1. No caso dunha redución da proporción anual de pastos permanentes igual ou superior ao 5% en relación coa proporción de referencia, reconvértense as superficies que pasaron de pasto permanente a outros usos.
B 2.1. Non se realizaron rozas en humedais e turbeiras con fins agrícolas nas superficies indicadas na correspondente capa SIXPAC, a excepción daquelas superficies ligadas ao cultivo tradicional do arroz (arrozais).
B 2.2. Non se supera a carga gandeira máxima establecida (UGM/ha), no caso de que se manteña unha actividade agrícola ligada ao pastoreo (para que ditas terras sigan mantendo a consideración de superficie agrícola).
B 3.1. Non se queiman restrollos de colleitas de cultivos herbáceos en todo o ámbito nacional, salvo que, por razóns fitosanitarias, a queima estea autorizada pola autoridade competente, en cuxo caso condicionarase ao cumprimento das normas establecidas en materia de prevención de incendios, e en particular, as relativas á anchura mínima dunha franxa perimetral cando os terreos colinden con terreos forestais.
B 3.2. Cúmprese co establecido no artigo 27.3 da Lei 7/2022 de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para una economía circular.
B 4.1. Crearanse franxas de protección de polo menos 5 metros, ao longo dos cursos de auga , ase como dos embalses, lagos e lagoas, considerados a partir da ribeira, situaranse na parcela agrícola, de forma que os bordes destas franxas sexan paralelos ao borde do cauce ou masa de auga, podendo estar ocupadas por vexetación de ribeira.
Esta anchura mínima deberá respectar calquera outra anchura mínima superior á recollida noutra normativa de obrigada aplicación, ou nos programas de actuación estabrecidos no marco da Directiva 91/676/CEE para zonas vulnerabeis por contaminación de nitratos, ou a recollida na etiqueta dos produtos fitosanitarios e/ou na súa autorización, no caso de que exista una limitación maior.
En zonas con canais de rega importantes nos que se poida producir percolación de materias nocivas, a anchura mínima da franxa de protección non será inferior a 1 metro.
Na franxa de protección no haberá produción agrícola, excepto no caso dos cultivos leñosos que xa estean implantados antes de que a persoa beneficiaria tivera obriga de cumprir a norma, xa que o arranque podería diminuír a protección das marxes.
Manterase unha cuberta vexetal que poderá ser sementada ou espontánea, que será distinguible da terra agrícola contigua. Permítese o pastoreo e a sega.
B 4.2. Nas franxas de protección non se poderán aplicar fertilizantes nin fitosanitarios.
Poderanse realizar en caso necesario labores superficiais de mantemento para evitar a proliferación de pragas e enfermidades que constitúan un risco sanitario para os cultivos xuntos. A Comunidade autónoma poderá autorizar tratamentos para o control de pragas por razóns fitosanitarias determinando, en calquera caso, as condicións en que se teñan que levar a cabo.
B 5.1. Que nas superficies que se destinen a cultivos herbáceos ou cultivos leñosos, non se labra a terra na dirección da máxima pendente cando, nos recintos cultivados, a pendente media sexa maior ou igual ao 10 por cento, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante terrazas ou bancais.
No caso de plantacións de cultivos leñosos que estiveran implantadas antes do 1 de xaneiro do 2023, cuxo marco de plantación non permita labrar transversalmente á dirección da máxima pendente, a autoridade competente poderá permitir excepcionalmente algún tipo de labor vertical en dita dirección, debendo quedar todo elo debidamente xustificado.
No caso de existencia de bancais, será obrigatorio evitar calquera tipo de labores que afecten a estrutura dos noiros existentes. Non obstante, as comunidades autónomas poderán autorizar a non aplicación desta obriga cando poida supor un risco de envorque da maquinaria e da vida dos operarios.
B 6.1. Cultivos herbáceos. Nas parcelas agrícolas que se sementen con cultivos herbáceos de inverno, non se labrará o solo con volteo nin con labareo vertical, entre a data de recolección da colleita e o 1 de setembro, data que se establece como referencia do inicio da presementeira.
O solo deberá manterse cuberto permanentemente salvo o tempo imprescindible entre o levantamento do restrollo da colleita anterior e a sementeira, tendo en conta as características del cultivo seguinte.
B 6.2. No caso de cultivos leñosos en pendente igual ou superior ao 10 por cento, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante terrazas o bancais, será necesario manter unha cuberta vexetal que poderá ser sementada ou espontánea, de anchura mínima 1 metro nas rúas transversais á liña de máxima pendente ou nas rúas paralelas a dita liña, cando o deseño da parcela ou o sistema de rega impidan o seu establecemento na outra dirección, entre os meses de outubro a marzo, ambos incluídos.
Non obstante, no momento en que poida competir co cultivo ou imposibilite a súa recolección, as comunidades autónomas poderán autorizar a eliminación de dita cuberta, podendo ser incorporada mediante unha labor superficial, respectando en todo caso o establecido no apartado relativo a cultivos leñosos da BCAM 5.
B 6.3. Non se poderá arrincar ningún pe de cultivos leñosos situados en recintos de pendente igual ou superior ao 10 por cento, salvo nas zonas nas que así se estableza e sexa obxecto de reposición autorizada pola autoridade competente. Nestes casos hai que respectar as normas destinadas a súa reconversión cultural e varietal e aos cambios de cultivo ou aproveitamento. Quedan exceptuados aqueles recintos nos que a pendente real do recinto estea compensada mediante terrazas de retención ou bancais.
B 6.4. Terra de barbeito. Realizaranse prácticas tradicionais de manexo do solo: prácticas de mínimo labareo ou mantemento dunha cuberta axeitada do solo.
Non se realizarán tratamentos agrícolas sobre estas terras entre os meses de abril e xuño, ambos incluídos, pudendo adaptar dito período as comunidades autónomas en función das condicións locais específicas.
B 7.1. Todas as parcelas da explotación deberán rotar polo menos unha vez cada 4 anos. Cando exista un cultivo secundario no mesmo ano que o cultivo principal, este considerarase parte da rotación, sen que se poidan utilizar as terras en barbeito nestes casos. Non se permitirá xustificar o uso do cultivo secundario como opción á rotación exclusivamente no terceiro ano, se non se utilizou previamente este recurso en todos os anos anteriores.
Esta rotación de cultivos será de obrigado cumprimento dende o 1 de xaneiro de 2024, tendo en conta os cultivos declarados nos tres anos previos e os dous anos previos en caso de xustificarse mediante o emprego de cultivos secundarios.
EXCEPCIÓN na campaña 2023. A rotación só aplica se solicita eco-réximen de sementeira directa ou de rotación, e comprobarase a partir de 2024 e a diversificación non aplica a ningún produtor.
B 7.2. Nas terras de cultivo realizarase unha práctica de diversificación de cultivos de xeito que:
EXCEPCIÓN na campaña 2023. A diversificación non aplica a ningún produtor.
Para todas as campañas, o cumprimento das BCAM 7.1 e BCAM 7.2 quedan exceptuadas:
B 8.1. Nas terras de cultivo das explotacións deberase cumprir, polo menos, unha das seguintes opcións:
EXCEPCIÓN en campaña 2023,excepto nos barbeitos, nos que non se poderá sementar millo nin sementes de soia. Os solicitantes do eco-réxime de espazos de biodiversidade non se poderán acoller a esta excepción.
Para todas as campañas, o cumprimento da BCAM 8.1 queda exceptuada:
B 8.2. As superficies de cultivos fixadores de nitróxeno que pretendan computarse para cumprir a BCAM 8.1. non poderán ir seguidas na rotación de cultivos da explotación por terra en barbeito, para evitar o risco de lixiviación do nitróxeno fixado polos CFN en outono, e aproveitar a mellora do solo que se obtén con este tipo de cultivos.
B 8.3. No se poderá efectuar unha alteración das particularidades topográficas ou elementos da paisaxe, salvo no caso de contar con autorización expresa da autoridade competente.
Excepción: a construción de paradas para corrección de ramblas, regueiros e bancais, ase como as operacións de refinado de terra que se realicen naquelas parcelas que se vaian dedicar ao cultivo do arroz e outros de rega.
B 8.4. No se poderán realizar operacións de corta e poda dos sebes e árbores durante a época de cría e reprodución das aves, salvo autorización expresa da autoridade medioambiental. Tomarase como referencia o período comprendido entre os meses de marzo a agosto.
B 8.5. Prohíbese a recolección mecánica nocturna nos cultivos permanentes que presenten plantacións intensivas en sebes de porte alto, denso follaxe e nos que se produza a aniñamento ou pernoctación de aves, con obxecto de protexer ás aves durante a época de cría e reprodución entre os meses de marzo a agosto.
Tipo de superficie e elemento non produtivo | Factor de conversión (m/ árbore a m2) | Factor de ponderación | Superficies e elementos non produtivos (m2) |
Terras en barbeito (por 1m2) | Non procede | 1 | 1m2 |
Terras en barbeito de biodiversidade (incluidos os barbeitos meliferos) (por 1m2) | Non procede | 1,5 | 1,5m2 |
Franxas de protección (por 1m) | 6 | 1,5 | 9m2 |
Lindes forestales (por 1m) | 6 | 1,5 | 9m2 |
Terrazas (terrazas de retención, bancais e ribazos)(por 1m) | 2 | 1 | 2m2 |
Setos/franxas arboladas (por 1m) | 5 | 2 | 10m2 |
Árbore aillado (por árbore) | 20 | 1,5 | 30m2 |
Árbores en fileira (por 1m) | 5 | 2 | 10m2 |
Grupo de árbores (por 1m2) | Non procede | 1,5 | 1,5m2 |
Lindes de campo (por 1m) | 6 | 1,5 | 9m2 |
Charcas (charcas, lagoas, estanques e abrevadoiros naturais) (por 1m2) | Non procede | 1,5 | 1,5m2 |
Illas ou enclaves (illas e enclaves de vexetación natural ou rocha (por 1m2) | Non procede | 1 | 1m2 |
Pequenas construccións de arquitectura tradicional (por 1m2) | Non procede | 1 | 1m2 |
Muros de pedra (por 1m). | 1 | 1 | 1m2 |
B 9.1. Non se converteron, labraron ou efectuaron labores más aló das necesarias para o seu mantemento, nos pastos permanentes designados como medioambientalmente sensibles, situados nas zonas que contemplan as Directivas 92/43/CEE (“Hábitats”) o 2009/147/CE (“Aves”).
B 9.1. No caso de que un agricultor convertera ou labrara pastos permanentes suxeitos á obriga contemplada na norma 9.1., reconverteuse dita superficie a pastos permanentes, e respectáronse, se a autoridade competente así o determina, as instrucións establecidas coa finalidade de inverter os danos causados ao medio ambiente por dita acción.
B 10.1. Todas as operacións encamiñadas a aportar nutrientes ou materia orgánica ao solo deben de estar correctamente rexistradas no caderno de explotación.
B 10.2. A explotación, cando proceda, conta cun plan de aboado para cada unidade de produción da mesma.
B 10.3. Aplicación localizada de xurros e soterrado de estercos sólidos en las superficies agrícolas.