AXUDAS DIRECTAS
As axudas directas son un elemento esencial de apoio á renda dos agricultores e agricultoras, funcionan como unha rede de seguridade para os seus ingresos. Permiten remunerar aos agricultores e agricultoras por aspectos do seu traballo que non remuneran os mercados e que son servicios públicos vitais para a sociedade, como:
- Abastecemento de alimentos á poboación.
- A ambición en materia de medioambiente e clima.
- A vitalidade do medio rural.
CONDICIÓNS PARA RECIBIR AXUDAS DIRECTAS
- Só poden recibir axudas directas quenes realicen unha actividade agraria e cumpran coa definición de agricultor activo.
- Deben cumprir unhas normas e boas prácticas en materia de medio ambiente, seguridade alimentaria, sanidade animal e vexetal, benestar dos animais. Se non o fan, os pagos disminúen ou suspéndense por completo. Na PAC 2023-2027 incluirase un compromiso social en materia laboral: Condicionalidade reforzada.
- A partir de 2024 comprobarase o cumprimento da lexislación laboral para a percepción das axudas da PAC, o que se denomina condicionalidade social.