APICULTURA
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotación Gandeiras (REGA) a data fin do plazo da modificación da Solicitude Única.
- As explotacións estarán situadas en concellos de Galicia clasificados como zonas con limitacións naturais.
COMPROMISOS
- Manter un mínimo de 80 colmeas en municipios de Galicia designados como zonas con limitacións naturais e distribuídas, polo menos, en 2 alvarizas, cun mínimo de 20 colmeas por alvariza.
- Manter as colmeas comprometidas durante os 5 anos que dura o compromiso. A estes efectos, considéranse comprometidas e primables un máximo de 80 colmeas por alvariza.
- A distancia entre os alvarizas da mesma persoa beneficiaria será, polo menos, de 1 km. Ademais, para ser primables, as coordenadas de localización de cada alvariza figurarán obrigatoriamente na solicitude de pago e deberán constar na base de datos oficial do REGA.
- Presentar anualmente unha solicitude de pago.
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos.
Estímase unha superficie pecoreada por colmea de 1 ha.