RESERVA NACIONAL
CONSTITUCIÓN DA RESERVA NACIONAL
- Redución porcentual lineal da asignación financieira nacional: ata 3% en 2023 e, se fose necesario, completarase cun máximo do 1% en 2024.
- Dereitos de axuda non utilizados durante dous anos consecutivos, salvo en casos de forza maior ou circunstancias excepcionais. No caso de dereitos asignados pola reserva nacional, non utilizados nunha soa campaña, durante as cinco primeiras campañas.
- Dereitos de axuda voluntariamente cedidos polos agricultores.
- Tódolos importes retidos por aplicación das porcentaxes deducidas como consecuencia das cesións de dereitos sen terras.
- Os dereitos de axuda asignados de forma indebida, e recuperados.
CONDICIÓNS XERAIS APLICABLES AOS DEREITOS PROVINTES DA RESERVA NACIONAL
- Os dereitos asignados pola reserva nacional non poderán ser cedidos no ano de asignación e nas catro campañas seguintes de cesións.
- Os dereitos asignados por reserva nacional deberán ser utilizados en cada campaña, durante ese mesmo período de tempo. En caso de non ser utilizados nalgunha desas campañas, serán revertidos á reserva nacional. Inclúe tanto novos dereitos como aqueles dereitos cuxos importes se viron incrementados ata o valor medio rexional.
CATEGORÍAS DE ACCESO
- Agricultores mozos.
- Novos agricultores.
- Agricultores lexitimados para recibir dereitos en base a sentenzas xudiciais firmes e actos administrativos definitivos.
- Agricultores en desvantaxe: xefes de explotación, con hectáreas subvencionables á axuda básica á renda para a sostibilidade, que exercendo a actividade agraria dende 2015 ou antes, non participaron nunca do sistema de dereitos de pago.
- Xefes de explotación que participen en programas de reestruturación, no marco dunha intervención pública legalmente regulada, cuxo obxectivo sexa evitar ou reverter o abandono de terras.