PROCESO DE MONITORAXE
1. FASE AUTOMÁTICA
Procesado automático das parcelas mediante uso de índices e marcadores obtidos das señais extraídas das imaxes Sentinel. Como resultado obtemos as “ Luces dun semáforo”:
- Verde: Cumpre coas regras automáticas de admisibilidade para a axuda solicitada.
- Amarelo: Non existe evidencia concluínte do cumprimento.
- Vermello: Non cumpre coas regras de admisibilidade para a axuda solicitada.
2. COMUNICACIÓN CO AGRICULTOR
A comunicación cos beneficiarios de axudas da PAC é fundamental no contexto de máxima automatización que supón a monitorización. Esta debe ser rápida e efectiva para permitir comunicar luces amarelas e vermellas requirindo o aporte de información ou evidencias adicionais en forma de fotografías xeo etiquetadas ou ben a modificación das parcelas comunicadas na súa solicitude única co obxecto de corrixir os posibles erros detectados nos prazos habilitados ao efecto. Evitando así reducións e sancións nos pagos derivados de erros declarativos.
Para facilitar e axilizar a interacción entre agricultores e administración, desenvolvése unha App para dispositivos móbiles:
- SGA@pp: permite consultar os expedientes de axudas e facer e enviar fotografias xeorreferenciadas.
E aplicacións web como Portal do Cidadán que permite consultar o expediente de axudas, presentar alegacións a Solicitude Única, etc.
Datas importantes na comunicación cos agricultores:
O 30 de setembro é a data límite para que os agricultores poidas modificar a súa solicitude de axudas ou aportar probas adicionais, como resposta á comunicación de incidencias de monitoraxe.
As comunicacións aos agricultores realízanse entre a data de presentación da solicitude única e o 30 de setembro, preferentemente en maio, xuño e agosto podendo afectar tanto a cultivos de inverno como cultivos de verán.
Ademais, os solicitantes de axudas con control mediante monitoraxe poden estar informados en todo momento da situación das súas parcelas monitorizadas a través da aplicación SGA@pp para o teléfono móbil ou do Portal do Cidadán.
3. RESULTADO FINAL
As parcelas que tras a fase de comunicacións, continúen tendo resultado amarelo ou vermello e presentaran probas, estudiaranse as probas aportadas e outras actividades complementarias de control e en ultima instancia a visita a campo.
Unha vez finalizado o control mediante monitoraxe porase a disposición do agricultor o informe final de control.