CULTIVOS EN RISCO DE EROSIÓN XENÉTICA
CONDICIÓNS DE ADMISIBILIDADE
- As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (RESAXEGA). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no “Portal Nova PAC” da web do FOGGA.
- As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA) a data fin do plazo da modificación da Solicitude Única.
- Non se aplicarán lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.
COMPROMISOS.
- Dispor superficie mínima de 2 hectáreas de trigo autóctono en risco de erosión xenético das variedades Callobre ou Caaveiro.
- Manter a superficie inicialmente comprometida durante os 5 anos que dura o compromiso.
- Emprego de semente certificada acreditada mediante factura ou reemprego da mesma na mesma explotación, durante un máximo de 3 anos.
- Manter caderno de explotación actualizado
- Presentar anualmente a solicitude de pago.
Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. A posible redución de superficie non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida debendo manter sempre a superficie mínima correspondente.