REQUISITOS LEGAIS DE XESTIÓN (RLX)


RLX 1: Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de outubro de 2000, pola que se establece o marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas.

R 1.1. En superficies de rega ou que se regan, o agricultor acredita o seu dereito de uso de auga de rega concedido pola Administración hidráulica competente (captación de augas superficiais ou subterráneas) ou a autorización correspondente para o embalse de augas superficiais.


R 1.2. O titular dispón dun sistema de control da auga de rega, establecido polas respectivas administracións hidráulicas competentes, que garanta unha información precisa sobre os caudais de auga efectivamente utilizados.


R 1.3. Disponse dun rexistro ou rexistros das captacións de auga de rega.


R 1.4. No realizar vertidos directos nin indirectos de produtos residuais susceptibles de contaminar con fosfatos as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, salvo que se conte con autorización administrativa de vertido e se faga cumprindo as condicións de dita autorización.


R 1.5. Non realizar ou manter amontoamentos de estercos, xurros, abonos inorgánicos, cinzas ou outros materias que conteñan fosfatos en lugares ou condicións que poidan producir lixiviados, escorrentas ou infiltracións susceptibles de contaminar masas de auga superficial ou subterránea ou zonas protexidas, salvo naquelas situacións contempladas pola normativa sectorial e/ou autonómica ao efecto e nas condicións establecidas.

RLX 2: Directiva 91/676/CEE do Consello, de 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias (DO L 375 de 31.12.1991, p. 1).

Para cumprir coas citadas disposicións normativas, deberanse cumprir todas as obrigas establecidas nos programas de actuación nas explotacións agrícolas e gandeiras situadas en zonas declaradas pola comunidade autónoma como zonas vulnerables, e en particular:


R 2.1. A explotación dispón dun caderno de explotación correctamente cumprimentado para cada un dos cultivos que se leven a cabo, data de sementeira e de recolección, superficie cultivada, as datas nas que se aplican os fertilizantes, o tipo de abono e a cantidade de fertilizante aplicado (kg/ha).


R 2.2. Non realizar ou manter amontoamentos de estercos, xurros, abonos inorgánicos ou outros materiais en lugares ou condicións que poidan producir lixiviados, escorrentas ou infiltracións susceptibles de contaminar masas de auga superficial ou subterránea ou zonas protexidas, salvo naquelas situacións contempladas pola normativa sectorial e/ou autonómica ao efecto e nas condicións establecidas.


R 2.3. No realizar amontoamento de estercos nos períodos de choiva que establezan as comunidades autónomas dentro do período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de marzo do ano seguinte.


R 2.4. A explotación dispón cando proceda, de depósitos de capacidade suficiente e estancos para o almacenamento de ensilados ase como de estercos, ou no seu caso, que dispón da xustificación do sistema de retirada dos mesmos da explotación.


R 2.5. Respéctanse os períodos establecidos polas comunidades autónomas nos que que está prohibida a aplicación de determinados tipos de fertilizantes.


R 2.6. Respéctanse as cantidades máximas por hectárea establecidas pola comunidade autónoma para o uso de esterco e doutros fertilizantes que se consideren no programa de actuación.


R 2.7. Non se aplican fertilizantes nunha banda mínima próxima a cursos de auga segundo a anchura establecida pola comunidade autónoma.


R 2.8. Respectase a prohibición ou limitación de aplicar fertilizantes en terreos con pendente acusada, segundo o programa de actuación da comunidade autónoma.

RLX 3: Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres (DO L 20 de 26.1.2010, p. 7)

R 3.1. Nas explotacións situadas en Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), se compren as limitacións establecidas nos seus plans de xestión.


R 3.2. Os agricultores non levan a cabo cambios que impliquen a eliminación ou transformación da cuberta vexetal, sen a correspondente autorización da administración cando sexa preceptiva.


R 3.3. O agricultor non levantou edificacións nin levou a cabo modificacións de camiños sen autorización da administración cando sexa preceptiva.


R 3.4. Non se depositan, máis alo do bo uso necesario, ou se abandonan na explotación envases, plásticos, cordas, aceite ou gasoil da maquinaria, utensilios agrícolas en mal estado ou outro produto biodegradable ou non biodegradable.


Nota: No caso dos residuos plásticos agrícolas (código LER 020104): os/as agricultores/as deben dispor do correspondente albaran de retirada ou certificado de entrega e xestión emitido por un xestor autorizado de residuos plásticos agrícolas. En dito documento deberá quedar debidamente acreditada a parcela orixe do residuo, a tipoloxía do mesmo, ase como a data de retirada e a cantidade de residuo. Estes parámetros deberán ser coherentes co ciclo de cultivo e o emprego do plástico agrícola.


R 3.5. Non se decrúan lindes sen a autorización da administración cando sexa preceptiva.


R 3.6. Non realizar ningún tratamento agrícola sobre os barbeitos durante o período reprodutivo das aves que se estende entre os meses de abril a xuño, ambos incluídos, podendo entender este período as Comunidades autónomas en función do período de cría das diferentes especies.

RLX 4: Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (DO L 206 de 22.7.1992, p. 7)

R 4.1. Nas explotacións situadas en zonas afectadas por Plans de Recuperación e Conservación de especies ameazadas, se cumpre o establecido nos mesmos (por exemplo: uso ilegal de sustancias tóxicas, a electrocución, etc.).


R 4.2. Se na explotación se realizou unha actuación, ben sexa, plan, programa ou proxecto, que require o sometemento, segundo a normativa nacional e/ou rexional de aplicación, a Avaliación Ambiental Estratéxica ou Avaliación de Impacto Ambiental, se dispón do correspondente certificado de non afección a Natura 2000, a declaración de Impacto Ambiental, e cantos documentos sexan preceptivos en ditos procedementos. Así mesmo, que, no seu caso, executáronse as medidas preventivas, correctoras e/ou compensatorias indicadas polo órgano ambiental.


R 4.3. Limitase o uso de herbicidas, praguicidas e outros agroquímicos ao indicado nos Plans establecidos ao efecto, debendo rexistrarse axeitadamente nos cadernos de explotación.

RLX 5: Regulamento (CE) n.º 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, de 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, crease a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DO L 31 de 1.2.2002, p. 1).

R 5.1. Os produtos da explotación destinados a ser comercializados como alimentos son seguros, non presentando en particular signos visibles de estar putrefactos, deteriorados, descompostos ou contaminados por unha materia estraña ou doutra forma.


R 5.2. Nas explotacións gandeiras destinadas á produción de alimentos, nin existen nin se lles da aos animais pensos que no sexan seguros (os pensos deben proceder de establecementos rexistrados e/ou autorizados consonte co Regulamento (CE) n º 183/2005 e deben respectarse as indicacións do etiquetado).


R 5.3. Tomáronse precaucións ao introducir novos animais para previr a introdución e propagación de enfermidades contaxiosas transmisibles aos seres humanos a través dos alimentos, e no caso de sospeita de focos destas enfermidades, comunicáronse á autoridade competente.


R 5.4. Almacénanse e se manexan os residuos e as sustancias perigosas por separado e de xeito seguro para evitar a contaminación. Queda incluída a xestión de cadáveres.


R 5.5. Utilízanse correctamente os aditivos para pensos, os medicamentos veterinarios e os biocidas (utilizar produtos autorizados e respectar o etiquetado e as receitas).


R 5.6. Almacénanse adecuadamente os pensos separados doutros produtos non destinados a alimentación animal (químicos ou doutra natureza).


R 5.7. Os pensos medicados e os non medicados almacénanse e se manipulan de xeito que se reduza o risco de contaminación cruzada ou de alimentación de animais con pensos non destinados aos mesmos.


R 5.8. Disponse dos rexistros relativos a:

A natureza, cantidade r orixe dos pensos e outros produtos utilizados na alimentación animal, a cantidade e destino de cada saída de pensos ou de alimentos destinados a animais, incluídos os graos, rexistro de tratamentos veterinarios, enfermidades que poidan afectar á seguridade dos produtos de orixe animal, resultados de todos os análises pertinentes efectuados en plantas, animais ou outras mostras que teñan importancia para a saúde humana, calquera informe relevante obtido mediante controis aos animais ou produtos de orixe animal, cando corresponda, o uso de sementes modificadas xenéticamente, uso de fitosanitarios e biocidas (caderno armonizado MAPA/comunidades autónomas ou semellante).


R 5.9. As explotacións están cualificadas como indemnes ou oficialmente indemnes para bruceloses ovina-cabrúa, e bovina, ou oficialmente indemnes no caso de tuberculose bovina e de cabrúns mantidos con bovinos, (no caso de ter na explotación femias distintas a vacas, ovellas e cabras, susceptibles de padecer estas enfermidades, deben estar sometidas ao programa de erradicación nacional), e que as explotacións que non sexan cualificadas, sométense aos programas nacionais de erradicación, dan resultados negativos ás probas oficiais de diagnose, e o leite é tratada térmicamente. No caso de ovinos e cabrúns, o leite debe someterse a tratamento térmico, ou ser usada para fabricar queixos con períodos de maduración superiores a 2 meses.


R 5.10. O leite tratouse térmicamente se procede de femias distintas do vacún, ovino e cabrún, susceptibles de padecer estas enfermidades, que deran negativo nas probas oficiais, pero en cuxo rabaño se detectara a presencia da enfermidade.


R 5.11. En explotacións nas que se diagnosticara tuberculose bovina (ou do cabrún mantido con bovinos) ou brucelose bovina ou do ovino-cabrún, a efectos do control oficial por parte da Administración, o produtor dispón e utiliza un sistema para separar o leite dos animais positivos da dos negativos e non destina o leite dos positivos a consumo humano.


R 5.12. Os animais infectados polas enfermidades citadas nos puntos anteriores están correctamente illados, para evitar un efecto negativo no leite dos demais animais.


R 5.13. Os equipos de muxido e os locais nos que o leite é almacenada, manipulada ou arrefriada sitúanse e constrúense de forma que se limita o risco de contaminación do leite.


R 5.14. Os lugares destinados ao almacenamento do leite protéxense contra as alimañas, claramente separados dos locais nos que se estabulan os animais e dispoñen dun equipo de refrixeración axeitado, para cumprir as exixencias de temperatura.


R 5.15. As superficies dos equipos que están en contacto co leite (utensilios, recipientes, cisternas, etc.), destinados ao muxido e recollida, son fáciles de limpar, de desinfectar y se manteñen en bo estado. Tras utilizarse, ditas superficies se limpan, e no caso, desinféctanse. Os materiais deben ser lisos, lavables e non tóxicos.


R 5.16. O muxido realizase a partir de animais en bo estado de saúde e de xeito hixiénico. En particular: antes de comezar o muxido, o tetos, as ubres e as partes contiguas están limpas e sen feridas nin inflamacións, os animais sometidos a tratamento veterinario que poida transmitir residuos ao leite están claramente identificados, os animais sometidos a tratamento veterinario que poida transmitir residuos ao leite mentres se atopan en período de supresión, son muxidos por separado. O leite obtida destes animais atopase separada do resto, sen mesturarse con ela en ningún momento, e non se destina ao consumo humano.


R 5.17. Inmediatamente despois do muxido o leite conservase nun lugar limpo, deseñado e equipado para evitar a contaminación, o leite arrefríase inmediatamente a una temperatura non superior a 8º C se é recollida diariamente e non superior a 6º C se a recollida non é diaria. (No caso de que o leite vaia a ser procesada nas 2 horas seguintes ou de que por razóns técnicas para a fabricación de determinados produtos lácteos sexa necesario aplicar unha temperatura máis alta, non é necesario cumprir o requisito de temperatura).


R 5.18. Nas instalacións do produtor os ovos mantéñense limpos, secos, libres de olores estraños, protexidos contra golpes e da radiación directa do sol.


R 5.19. É posible identificar aos operadores que subministraron á explotación un penso, un animal destinado á produción de alimentos, un alimento o calquera sustancia destinada a ser incorporada a un penso ou a un alimento (caderno armonizado MAPA / comunidades autónomas ou semellante).


R 5.20. É posible identificar aos operadores aos que a explotación subministrara os seus produtos (caderno armonizado MAPA / comunidades autónomas ou semellante).


R 5.21. O agricultor declara que en caso de considerar que os alimentos ou pensos producidos poden ser nocivos para a saúde das persoas ou non cumprir cos requisitos de inocuidade, respectivamente, o mesmo informaría ao seguinte operador da cadea comercial para proceder a súa retirada do mercado e informaría ás autoridades competentes e colaboraría con elas.

RLX 6: Directiva 96/22/CE do Consello, de 29 de abril de 1996, pola que se prohibe utilizar determinadas sustancias de efecto hormonal e tireostático e sustancias β-agonistas na cría de gando e se derrogan as Directivas 81/602/CEE, 88/146/CEE e 88/299/CEE (DO L 125 de 23.5.1996, p. 3).

R 6.1. Non se administran aos animais da explotación sustancias de uso restrinxido que teñan acción tirostática, estroxénica, androxenica ou xestaxénica (acción hormonal ou tirostática) e β-agonistas, salvo as excepcións contempladas nos artigos 4 e 5.


R 6.2. Non se posúen animais aos que se lles administrara as sustancias anteriores (salvo as excepcións contempladas nos artigos 4 e 5) e non se comercializan animais (nin os seus produtos derivados) aos que se lles subministraran estas sustancias, ata que transcorrera o prazo mínimo de espera establecido para a sustancia administrada.


R 6.3. Non se dispón de medicamentos para uso veterinario que conteñan beta-agonistas que poidan utilizarse para inducir a tocólise.


R 6.4. No caso de administración de produtos autorizados, respectouse o prazo de espera prescrito para ditos produtos, para comercializar os animais o a súa carne.


RLX 7: Regulamento (CE) n.º 1107/2009 del Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de outubro de 2009, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios e polo que se derrogan as Directivas 79/117/CEE e 91/414/CEE do Consello (DO L 309 de 24.11.2009, p.1)

R 7.1. Solo se utilizan produtos fitosanitarios autorizados (inscritos no Rexistro de Produtos Fitosanitarios del MAPA).


R 7.2. Utilízanse axeitadamente os produtos fitosanitarios, isto é, consonte coas indicacións da etiqueta (almacenamento seguro/ lugar de almacenamento, protección da auga, licencia para o uso de produtos específicos, etc.), asustándose ás exixencias do Programa Nacional de Control Oficial da Hixiene da Produción Primaria Agrícola e do Uso de Produtos Fitosanitarios.


RLX 8: Directiva 2009/128/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de outubro de 2009, pola que se establece o marco da actuación comunitaria para conseguir un uso sostible dos praguicidas (DO L 309 de 24.11.2009, p. 71).

R 8.1. Dispoñer dun Caderno de Explotación actualizado, co rexistro de tratamentos fitosanitarios.


R 8.2. Adquisición do nivel de capacitación.


R 8.3. Inspección dos equipos de aplicación en uso.


R 8.4. Seguimento das obrigacións establecidas polo Estado Membro para a protección do medio acuático e a auga potable, e as obrigacións en materia de Xestión Integrada de Pragas nas zonas protexidas que definen a Directiva AVES e a Directiva HABITATS; así como as obrigacións establecidas nas zonas tratadas recentemente que utilicen os traballadores agrarios ou ás que estes poidan acceder.


R 8.5. Manipulación e almacenamento de praguicidas e os seus envases e restos para non poñer en perigo a saúde humana nin o medio ambiente:

  • Almacenamento, manipulación, dilución e mestura de praguicidas antes da súa aplicación, manipulación dos envases e restos de praguicidas, eliminación de restos de mestura, limpeza dos equipos, eliminación de restos e envases e as zonas de almacenamento estean construídas para evitar fugas imprevistas.

RLX 9: Directiva 2008/119/CE do Consello, de 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de tenreiros (DO L 10 de 15.1.2009, p. 7)

Este RLG é aplicable unicamente a tenreiros de menos de 6 meses, confinados para a cría e engorde


R 9.1. Non se mantén encerrado a ningún tenreiro de máis de oito semanas de idade en recintos individuais, a menos que un veterinario certificara que a súa saúde ou comportamento require que se lle ille para que poida recibir un tratamento, a explotación mantén menos de 6 tenreiros ou que os animais sexan mantidos coa súa nai para ser aleitados.


R 9.2. Os tenreiros mantéñense en recintos para grupos ou, cando non sexa posible, consonte co requisito 9.1., en recintos individuais que cumpran as dimensións mínimas da Directiva:

  • Aloxamentos individuais para tenreiros : anchura polo menos igual á altura do animal á cruz estando de pe, e a súa lonxitude polo menos igual á lonxitude do tenreiro medida desde a punta do nariz ata o extremo caudal do isquion e multiplicada por 1.1.
  • Aloxamentos individuais para animais non enfermos: deben ser de tabiques perforados que permitan contacto visual e táctil directo entre tenreiros.
  • Espazo mínimo adecuado na cría en grupo: 1,5 m2 (< 150 kg), 1,7 m2 (>= 150 kg i < 220 kg), 1,8 m2 (>= 220 kg).

Nota:

Non se aplica a explotacións de menos de 6 tenreiros ni a animais que son mantidos coa súa nai para ser aleitados.


R 9.3. Os animais inspecciónanse como mínimo unha vez ao día (os estabulados dous veces ao día).


R 9.4. As cortes están construídas de tal xeito que todos os tenreiros poidan tenderse, descansar, levantarse e limparse sen perigo.


R 9.5. Non se ata aos tenreiros (con excepción dos aloxados en grupo, que poden ser atados durante períodos de non más dunha hora no momento do aleitamento ou da toma do produto substitutivo do leite). Se se ata aos tenreiros (no caso exceptuado), as ataduras non causen feridas, e que estean deseñadas de tal xeito que se evite todo risco de estrangulación ou ferida, e que se inspeccionan periodicamente.


R 9.6. Os materiais que se utilizan para a construción das cortes e equipos cos que os animais poidan estar en contacto non son prexudiciais para os animais e se poden limpar e desinfectar a fondo. Que se limpan e desinfectan de forma adecuada para previr as infeccións cruzadas e a aparición de organismos patóxenos, e que as feces, os ouriños e os alimentos non consumidos ou vertidos retíranse coa maior frecuencia posible para evitar os olores e a posibilidade de moscas ou roedores.


R 9.7. Os solos non son escorregadizos, non presentan asperezas e as áreas para tombarse os animais están correctamente drenadas e son confortables.


R 9.8. Os tenreiros de menos de dous semanas dispoñen de leito axeitado.


R 9.9. Disponse de luz natural ou artificial entre as 9 e as 17 horas. Os sistemas eléctricos están instalados de modo que se evita calquera descarga.


R 9.10. Os tenreiros reciben, polo menos, dous racións diarias de alimento, e que cada tenreiro ten acceso ao alimento ao mesmo tempo que os demais, cando os tenreiros están aloxados en grupo e non son alimentados a vontade por un sistema automático.


R 9.11. Os tenreiros de máis de dous semanas de idade teñen acceso a auga fresca axeitada, distribuída en cantidades suficientes, ou que poden saciar a súa necesidade de líquidos mediante a inxesta doutras bebidas.


R 9.12. Cando faga calor ou os tenreiros estean enfermos dispoñen de auga apta en todo momento.


R 9.13. Os tenreiros reciben costro tan pronto como sexa posible tras o nacemento, e en todo caso nas primeiras seis horas de vida.p>

R 9.14. A alimentación dos tenreiros conteña o ferro suficiente para garantir neles un nivel medio de hemoglobina de polo menos 4,5 mmol/litro.


R 9.15. Non se pon bozo aos tenreiros.


R 9.16. Proporcionase a cada tenreiro de máis de dous semanas de idade unha ración diaria mínima de fibra, aumentándose a cantidade de 50 gr. a 250 gr. diarios para os tenreiros de 8 a 20 semanas de idade.


RLX 10: Directiva 2008/120/CE do Consello, de 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de porcos (DO L 47 de 18.2.2009, p. 5)

R 10.1. As porcas non están atadas.


R 10.2. Leitóns destetados e porcos de produción. Que a densidade de cría en grupo sexa adecuada: 0,15 m2 (ata 10 kg), 0,20 m2 (entre 10-20 kg), 0,30 m2 (entre 20-30 kg), 0,40 (entre 30-50 kg), 0,55 m2 (entre 50-85 kg), 0,65 m2 (entre 85-110 kg), 1,00 m2 (más de 110 kg).


Os locais de estabulación para os porcos construiranse de xeito que:

  • Os solos serán lisos, pero non escorregadizos, para evitar danos aos porcos e deseñaranse, construiranse e coidaran de forma que non lles causen dano ou sufrimento. Serán axeitados ao tamaño e ao peso dos porcos e, se non se equipan con leitos de palla, formarán una superficie ríxida, plana e estable.
  • Os animais poidan ter acceso a un área de repouso, confortable desde o punto de vista físico e térmico, adecuadamente drenada e limpa, que permita que todos os animais se tomben ao mesmo tempo.
  • Os animais poidan descansar e levantarse normalmente.
  • Ver outros porcos ; sen embargo, na semana anterior ao momento previsto do parto e durante o mesmo, as porcas e as porcas novas poderán manterse fora da vista dos animais da súa mesma especie.

R 10.3. A superficie de solo dispoñible para cada porca, o cada porca nova despois da cubrición, criadas en grupo é polo menos 1,64 metros cadrados/porca nova e 2,25 metros cadrados por porca despois da cubrición (en grupos inferiores a seis individuos, a superficie de solo incrementase polo menos nun 10% e cando os animais se críen en grupos de 40 individuos ou máis, pode diminuírse nun 10%).


R 10.4. Para porcas e porcas novas durante o período comprendido entre as catro semanas seguintes á cubrición e os sete días anteriores á data prevista de parto, os lados do recinto superan os 2,8 metros no caso de que se manteñan en grupos, ou os 2,4 metros cando os grupos son inferiores a seis individuos, e en explotacións de menos de 10 porcas e mantidas illadas, que poden darse a volta no recinto.


Detrás das porcas ou das porcas novas, deberá acondicionarse un espazo libre para permitir un parto de xeito natural ou asistida. As celas de parto nas que as porcas poidan moverse libremente deberán contar con dispositivos de protección dos leitóns, como barrotes. Cando se utilice una parideira, os leitóns deberán dispoñer de espazo suficiente para poder ser aleitados sen dificultade.


R 10.5. Para porcas novas despois da cubrición e porcas xestantes, criadas en grupo. Da superficie total o solo continuo compacto ofrece polo menos 0,95 metros cadrados/porca nova e 1,3 metros cadrados/porca, e que as aberturas de evacuación ocupan, como máximo, o 15% da superficie do solo continuo compacto.


R 10.6. Para porcos criados en grupo, cando se utilicen solos de formigón emparrillados, que a anchura das aberturas sexa axeitada á fase produtiva dos animais (non supera: para leitóns 11 mm; para leitóns destetados, 14 mm; para porcos de produción, 18 mm; para porcas e porcas novas despois da cubrición, 20 mm), e que a anchura das viguetas é axeitada ao peso e tamaño dos animais (un mínimo de 50 mm para leitóns e leitóns desleitados e 80 mm para porcos de produción, porcas e porcas novas despois da cubrición).


Cando os animais se manteñen temporalmente en recintos individuais (enfermos ou agresivos), poden darse a volta facilmente (excepto que haxa unha instrución do veterinario en contra).


R 10.7. As porcas e porcas novas mantidas en grupos aliméntanse mediante un sistema que garanta que cada animal poida comer suficientemente, aínda en presenza doutros animais que compitan pola comida.


R 10.8. As porcas novas, porcas post-destete e porcas xestantes reciben unha cantidade suficiente de alimentos ricos en fibra e con elevado contido enerxético.


R 10.9. O ruído continuo no recinto de aloxamento non supera os 85 dB.


R 10.10. Os animais dispoñen de polo menos 8 horas diarias de luz cunha intensidade mínima de 40 lux.


R 10.11. Os animais dispoñen de acceso permanente a materiais que permitan o desenvolvemento de actividades de investigación e manipulación (palla, heno, madeira, serraduras, ou outro material axeitado).


NOTA: Segundo o documento sobre a xestión das explotacións porcinas para evitar a caudofaxia, que forma parte del Plan de acción para la prevención do raboteo sistemático https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/produccion-y-mercados-ganaderos/bienestanimal/en-la-granja/Ganado_porcino.aspx o material manipulable que permita o desenvolvemento de actividades de investigación e manipulación é aquel que suscita conducta exploratoria en máis do 18% dos porcos activos, e valores inferiores a 18 considéranse insuficientes.


Para calcular este valor:

  • Observar aos porcos activos durante 2 minutos.
  • Contar o número de porcos que están explorando un material de enriquecemento (A).
  • Contar o número de porcos que están interactuando con outros porcos e cos accesorios d curral (B).
  • Calcular: 100 A /(A+B) e comprobar se este valor é menor de 18.

R 10.12. Todos os porcos aliméntanse polo menos unha vez ao día e que no caso de alimentación en grupo, os porcos teñen acceso simultáneo aos alimentos.


R 10.13. Todos os porcos de máis de dous semanas teñen acceso permanente a unha cantidade suficiente de auga fresca.


R 10.14. Acreditase que antes de efectuar a redución de dentes adoptáronse medidas para corrixir as condicións medioambientais ou os sistemas de xestión e evitar que os porcos se mordan o rabo ou outras conductas irregulares. No caso dos leitóns, a redución de dentes non se efectúa de xeito rutineiro se non unicamente cando existan probas de que se produciron lesións dos tetos das porcas ou as orellas ou rabos doutros porcos. Realizase antes do 7º día de vida por un veterinario ou persoal debidamente formado e en condicións hixiénicas.


R 10.15. Acreditase que antes de efectuar o raboteo adoptáronse as medidas para corrixir as condicións medioambientais ou os sistemas de xestión e evitar que os porcos se mordan o rabo ou outras conductas irregulares. O raboteo non se efectúa de xeito rutineiro. Si se realiza nos sete primeiros días de vida, o fai un veterinario ou outra persoa debidamente formada, en condiciones hixiénicas. Tras ese lapso de tempo, só pode realizala un veterinario con anestesia e analxesia prolongada.


NOTA: á hora de valorar a gravidade do incumprimento deste requisito, terase en conta si se presentou o plan de acción para a prevención do raboteo sistemático.


R 10.16. A castración dos machos efectúase por medios que non sexan de esgazadura de tecidos, por un veterinario ou persoa debidamente formada, en condicións hixiénicas e se se realiza tras o 7º día de vida, a leva a cabo un veterinario con anestesia e analxesia prolongada.


R 10.17. As celas de berróns sitúanse e constrúense de xeito que os berróns poidan darse a volta, oír, cheirar e ver aos demais porcos , e a superficie de solo libre de obstáculos é igual ou superior a 6 metros cadrados (se os recintos tamén se utilizan para a cubrición, a superficie mínima é de 10 metros cadrados).


R 10.18. En caso necesario as porcas xestantes e porcas novas son tratadas contra os parasitos internos e externos (comprobar as anotacións dos tratamentos antiparasitarios no libro de tratamentos da explotación).


R 10.19. As porcas dispoñen antes do parto de suficiente material de crianza, cando o sistema de recollida de esterco líquido utilizado o permita.


R 10.20. Os leitóns dispoñen dunha superficie de solo que permita que todos os animais se deiten ao mesmo tempo, e dita superficie é sólida ou con material de protección.


R 10.21. Os leitóns destétanse con catro semanas ou máis de idade; se son trasladados a instalacións axeitadas, poden destetarse sete días antes.


R 10.22. Leitóns destetados e porcos de produción (porcos novos e porcos de cría). Cando os porcos se crían en grupo, adóptanse as medidas que preveñan las pelexas, que excedan o comportamento normal.


R 10.23. Leitóns destetados e porcos de produción (porcos novos e porcos de cría). O uso de tranquilizantes é excepcional e sempre previa consulta co veterinario.


R 10.24. Leitóns destetados e porcos de produción (porcos novos e porcos de cría). Cando os grupos son mestura de leitóns de diversa procedencia, o manexo permita a mestura a idades temperás.


R 10.25. Leitóns destetados e porcos de produción (porcos novos e porcos de cría): Os animais especialmente agresivos en perigo a causa das agresións, mantéñense temporalmente separados do grupo.


Porcas e porcas novas: adóptanse as medidas que minimizan as agresións nos grupos.

RLX 11: Directiva 98/58/CE do Consello, de 20 de xullo de 1998, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras (DO L 221 de 8.8.1998, p. 23).

R 11.1. Os animais están coidados por un número suficiente de persoal con capacidade, coñecementos e competencia profesional suficiente.


R 11.2. Os animais cuxo benestar exixe unha atención frecuente son inspeccionados unha vez ao día, como mínimo.


R 11.3. Todo animal que pareza enfermo ou ferido recibe inmediatamente o tratamento axeitado, consultando ao veterinario se é preciso.


R 11.4. De ser necesario disponse dun local para o illamento dos animais enfermos o feridos, que conte con cama seca e cómoda.


R 11.5. O gandeiro ten rexistro de tratamentos médicos e este rexistro (ou as receitas que xustifican os tratamentos, sempre e cando estas conteñan a información mínima requirida no Real Decreto 1749/1998) mantense cinco anos como mínimo.


R 11.6. O gandeiro rexistra os animais atopados mortos en cada inspección, no apartado de baixas do libro de rexistro da explotación, e este rexistro mantense tres anos como mínimo.


R 11.7. Os materiais de construción que entren en contacto cos animais poden limparse e desinfectarse a fondo, no lles causan prexuízo, non presentan bordes afiados nin saíntes que poidan causar feridas aos animais , e os animais mantéñense de xeito que non sofren danos.


R 11.8. As condiciones medioambientais dos edificios (a ventilación, o nivel de po, a temperatura, a humidade relativa do aire, e a concentración de gases) non son prexudiciais para os animais.


R 11.9. Os animais non se manteñen na escuridade permanente, nin están expostos á luz artificial sen unha interrupción axeitada, a iluminación coa que contan satisfai as necesidades fisiolóxicas e etolóxicas dos animais e se dispón da iluminación axeitada (fixa ou móbil) para poder inspeccionar os animais en calquera momento.


R 11.10. Na medida en que sexa necesario e posible, o gando mantido ao aire libre protexese contra as inclemencias do tempo, os depredadores e o risco de enfermidades.


R 11.11. Tódolos equipos automáticos ou mecánicos indispensables para a saúde e o benestar animal (alimentación, bebida, ventilación) sexan inspeccionados polo menos unha vez ao día.


R 11.12. Cando a saúde e o benestar dos animais dependan dun sistema de ventilación artificial, estea previsto un sistema de emerxencia apropiado, que garanta unha renovación de aire suficiente en caso de fallo do sistema, e que existe un sistema de alarma para o caso de avaria e se verifica regularmente que o seu funcionamento é correcto.


R 11.13. Os animais reciben unha alimentación sa, axeitada a súa idade e especie e en cantidade suficiente, e non se da aos animais alimentos ou líquidos que lles ocasionen dano o sufrimento.


R 11.14. Todos os animais teñen acceso a alimento e auga en intervalos axeitados as súas necesidades, e teñen acceso a unha cantidade suficiente de auga de calidade axeitada ou poden satisfacer a súa inxesta líquida por outros medios.


R 11.15. Os equipos de subministro de alimentos e auga estean concibidos e situados de xeito que se reduza a contaminación dos mesmos e a competencia entre animais se reduza ao mínimo.


R 11.16. Non se mantén a ningún animal na explotación con fins gandeiros que lle poidan carrexar consecuencias prexudiciais para o seu benestar, nin se usan procedementos de cría, naturais ou artificiais, que ocasionen ou poidan ocasionar sufrimentos ou feridas a calquera dos animais afectados. Os animais non teñen limitada a capacidade de movemento, de xeito que se lles evita sufrimento ou dano innecesario, e se, por algunha causa xustificada, hai algún animal atado, encadeado ou retido, continua ou regularmente, se lle proporciona espazo suficiente para as súas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas. Cúmprese a normativa vixente en materia de mutilacións. Non se administra a ningún animal ningunha outra sustancia, a excepción das administradas con fins terapéuticos ou profilácticos ou para tratamento zootécnico tal como se define na letra c) do apartado 2 do artigo 1 da Directiva 96/22/CE, a menos que os estudios científicos de benestar animal ou a experiencia adquirida demostren que a sustancia non resulta prexudicial para a saúde ou o benestar do animal.